Visitas Cruzadas
 

Queres participar nunha 'Visita Cruzada'?

 

Guías

Queres coñecer o Museo de Pontevedra de forma diferente e divertida? Todos os domingos do mes de maio, de 12h a 13:30h, diferentes persoeiros da cultura galega amosarán a súa particular visión do Museo. Ademais ao remate de cada sesión, o Museo de Pontevedra convídate a un petisco.

As 'Visitas Cruzadas' son de balde. Só tes que inscribirte!

Quen pode inscribirse: persoas a partires de 14 anos, ata un total de 50 participantes para cada domingo

Como inscribirse: enviando un correo electrónico ao enderezo gabinetedidactico.museo@depo.es (poden inscribirse un máximo de 4 persoas por correo)

Cando inscribirse:

  • A partires do luns 1 de maio ás 10h para participar na 'Visita Cruzada' do domingo 7
  • A partires do luns 8 de maio ás 10h para participar na 'Visita Cruzada' do domingo 14
  • A partires do luns 15 de maio ás 10h para participar na 'Visita Cruzada' do domingo 21
  • A partires do luns 22 de maio ás 10 para participar na 'Visita Cruzada' do domingo 28

 

Os/as guías:

  • Domingo 7: Uxía Senlle (cantante) e Isabel Risco (actriz)
  • Domingo 14: Jorge Coira (director de cine) e Manuel Gago (xornalista e blogger)
  • Domingo 21: María Lado (poeta e actriz) e Kiko Novoa (xornalista)
  • Domingo 28: Iria Collazo (escritora) e Quico Cadaval (actor e dramaturgo)

 

Dossier Pontevedraviva.com

  • 21/05/2017  Visitas cruzadas con María Lado e Kiko Novoa

  • 14/05/2017  Visitas Cruzadas con Jorge Coira e Manuel Gago

  • 11/05/2017  Visitas Cruzadas

07-05-2017 Galería de imaxes