Dereito de acceso á información pública

Dereito de acceso á información pública

Calquera cidadán/á ten dereito a acceder á información pública que obra en poder da Administración. O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional; é un dereito esencial para promover a transparencia das institucións públicas e para fomentar a participación cidadá na toma de decisións.

O dereito de acceso poderá ser limitado nos supostos que contempla a lei, entre outros: Seguridade Nacional, Defensa, Política económica e monetaria, para a protección de datos de carácter persoal, etc.

Entidades ou persoas ás que vai dirixido

Pode exercer o dereito de acceso á información calquera persoa física ou xurídica.

Normativa aplicable

Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno

Acceder á información pública

Se desexas exercer o teu dereito de acceso á información podes facelo cubrindo o formulario de solicitude de acceso á información, presentándoo en calquera das oficinas de Rexistro da Deputación, acompañándoo da documentación correspondente ou a través da sede electrónica (https://sede.depo.es/gl/web/sede-electronica)

Solicitar que se publique información

Se desexas que se publique información de carácter público en internet, en calquera dos sitios web da Deputación de Pontevedra, contacta connosco (formulario) e estudaremos a túa proposta.