Ano Castelao

Ano Castelao

O Ano Castelao 2016 conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de Os vellos non deben de namorarse, e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a este autor.

Os 62 concellos da provincia contarán con actuacións dentro da programación cultural do Ano Castelao, todas relacionadas co amplo abano de disciplinas artísticas que o propio Castelao foi desenvolvendo ao longo da súa vida, como son o teatro, a música, a banda deseñada ou a preservación do patrimonio.

O Museo de Pontevedra, en cuxa fundación participou o propio Castelao, acollerá dúas grandes exposicións conmemorativas: "Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo. 1905-1920" e "Meu Pontevedra".

#signaCastelao é unha iniciativa para difundir o nome de Castelao en lingua de signos e concienciar sobre a necesidade de promover actitudes inclusivas e integradoras para o conxunto da sociedade. As persoas que desexen sumarse a esta iniciativa poden subir unha foto 'signando' Castelao ao Twitter, coa etiqueta #signaCastelao e facendo mención á conta da Deputación @depo_es. O signo consiste en colocar os dedos índice e polgar realizando un círculo sobre un dos ollos, en referencia ás gafas redondas que portaba o propio Castelao.

Signa Castelao