Tecendo lazos

Tecendo lazos

O programa "Tecendo lazos" 2017, que ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre a través dos cales se pretenden poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

Prazo de presentación de solicitudes

  • Adhesión Concellos:
    • Quince días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto no BOPPO.
    • Do 22 de xuño ao 13 de xullo de 2017
    • Poderán presentarse varios concellos de forma conxunta cunha única solicitude.
  • Persoas participantes:
    • Os formularios de solicitude deberán presentarse nos prazos de inscrición establecidos, no rexistro do concello no que se oferte o obradoiro escollido pola persoa interesada.
    • Cada concello establecerá os seus propios prazos de inscrición.

Datos de interese

O programa desenvolverase durante os meses de setembro a decembro e os obradoiros serán ofertados a través dunha empresa especializada na materia que será responsable da execución, coordinación e avaliación do mesmo.

Os obradoiros terán unha duración de 16 horas lectivas, nas que se incluirá o módulo denominado A Historia do Meu Concello, que recollerá actividades enfocadas a recompilación de fotografías, historias, lendas, contos, etc. en formato papel ou audiovisual de cada un dos concellos que se adhiran ao programa, co fin de reunir os datos mais significativos de cada un.

Os obradoiros deberán contar con un mínimo de 10 persoas participantes e cun máximo de 30, das cales un 40 % serán menores.

O catálogo conta coas seguintes temáticas:

  1. Risos en Familia
  2. Xogos e Xoguetes Tradicionais: Xogando en Familia
  3. O Noso Son: Bailes e Cancións de Agora e de Sempre
  4. Faino Ti Mesmo
  5. Rastrexos