Programa de mantenimiento de los campos de fútbol

Programa de mantemento dos campos de fútbol

Co obxectivo de recuperar para o conxunto da cidadanía os campos de fútbol da provincia, no ano 2017 a Deputación impulsa un programa de colaboración cos concellos mediante a achega de maquinaria e de persoal para mellorar os campos que aínda poden ser recuperables ou ofrecer axuda para o mantemento dos de nova factura.

Con estes medios materiais e humanos poderán realizarse labores de limpeza e retirada de elementos non desexados, descompactación do céspede e/ou da carga para que non perda calidades de amortecemento, cepillado da cuberta artificial para evitar a perda de elasticidade e rozamento e medios para a reposición de area e caucho.

No caso de campos de herba natural póñense á disposición dos concellos maquinaria e persoal para o seu escarificado, picado e sementeira.

Os principais obxectivos que se perseguen coa aprobación deste programa pódense sintetizar en:

  1. Apoiar os concellos da provincia no cumprimento das súas obrigas en relación coa efectiva prestación dos servizos municipais
  2. Mellorar a calidade de vida das cidadás e cidadáns dos concellos da provincia de Pontevedra co acondicionamento dos seus equipamentos deportivos
  3. Manter as dotacións en bo estado para a práctica do deporte en todos os concellos da provincia