Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Práctica Laboral en Oficinas de Turismo

Convocatoria de 13 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas graduadas ou diplomadas en Turismo, técnicas ou técnicos superiores en Información e Comercialización Turísticas e técnicas ou técnicos superiores en Guía, Información e Asistencias Turísticas, coa finalidade de promover e completar a súa formación realizando labores de información turística

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)