Revitaliza Plan compost

Adhesión ao Plan Compost Revitaliza e liñas de subvención

Na segunda fase do Plan Compost Revitaliza, para avanzar na efectividade da súa implantación, os concellos que conten con menos de 50.000 habitantes no seu censo e que decidan adherirse ao Plan deberán asinar este protocolo de actuación no que se establecen as obrigas de actuación para cada unha das partes.

Coa finalidade de consolidar este plan convócanse tamén dúas liñas de subvencións que lles permitan aos concellos facer fronte aos sobrecustos derivados da súa posta en marcha, no período de tránsito do seu sistema actual de recollida e tratamento ao novo sistema baseado na compostaxe.

A primeira das liñas de axuda ten por finalidade a asistencia técnica para a redacción dos plans municipais de recollida e tratamento do lixo; a segunda destínase á adquisición de composteiros individuais e comunitarios.  Só poderán acollerse a estas axudas os concellos adheridos ao Plan Compost Revitaliza.