Plan Activamos

Plan Activamos

A Deputación de Pontevedra mantén un convenio con ABANCA para fomentar o Plan Activamos, en virtude do cal a entidade financeira pon a disposición de familias, empresas e concellos da provincia unha liña de crédito en condicións preferentes. O acordo, vixente durante todo o ano 2017, prevé destinar 50 millóns de euros en crédito.

Para pemes e autónomos o Plan Activamos financia proxectos emprendedores, novos investimentos, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética e tamén cobre necesidades de circulante. Para as familias oferta préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade e á eficiencia enerxética e adquisición de vehículos eficientes. Finalmente, as corporacións locais poden optar, no marco deste programa, a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais ou cubrir necesidades de tesourería.

Enlaces