O noso Goberno

Igualdade

O Servizo de Igualdade constitúe unha aposta do novo goberno da Deputación de Pontevedra e, malia o seu curto percorrido, en pouco máis dun ano (trátase da primeira vez que esta institución provincial posúe unha área de Igualdade) xa se está a converter nun referente a nivel nacional pola efectividade das súas políticas activas. Na institución provincial somos conscientes de que unha sociedade xusta non pode consentir que as mulleres e os homes non ocupen os mesmos espazos, nin que siga a existir unha cultura na que as mulleres sexan consideradas a un nivel inferior que os homes, discriminadas conscientemente e mesmo apartadas de certas funcións e roles sociais. Precisamente por iso a área de Igualdade non funciona como un departamento estanco; traballa como un servizo interdepartamental para conseguir que a igualdade sexa non só un obxectivo senón unha realidade en todos os ámbitos de actuación da institución provincial.