O noso Goberno

Emprego

O emprego constitúe unha das maiores preocupacións do novo goberno da Deputación de Pontevedra e tamén unha das súas maiores apostas, o que se traduciu na creación dun novo departamento de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, mesmo cando as institucións provinciais non teñen competencias expresas nesta materia.

Entendemos o emprego e adaptámonos á realidade da sociedade actual coas súas características propias e demandas colectivas, polo que estamos a prestar unha especial importancia á mocidade e ao emprendemento, o que nos valeu unha nominación a uns premios estatais que confirman o recoñecemento dos nosos esforzos neste eido fóra dos límites da nosa provincia. As nosas políticas activas de formación e incorporación cualificada ao mercado laboral buscan paliar as necesidades das persoas máis vulnerables e impulsar un traballo profesional e de calidade, sempre co progreso económico da provincia no punto de mira.