O noso Goberno

Compostaxe

A compostaxe preséntase como unha alternativa necesaria á hora de tratar o lixo, pois é máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais. Co Plan Revitaliza a Deputación traballa para divulgar este sistema nas comarcas e pon á disposición das administracións locais as ferramentas para que a compostaxe pase a ser un sistema global de tratamento do lixo.

Desde a chegada do novo Goberno puxéronse en marcha varias fases de actuación. Na primeira, de tipo demostrativo, o obxectivo do Plan Revitaliza foi amosar que a compostaxe é unha alternativa sinxela e aplicable nos concellos pontevedreses. Para iso, conseguiuse que o Centro Príncipe Felipe, equivalente a unha vila de entre 1.500 e 2.000 habitantes, se convertese nunha illa de residuo cero na que todo o lixo orgánico se trata en tres composteiros. Ademais, instaláronse centros de compostaxe comunitarios en 23 concellos da provincia, que a día de hoxe están a funcionar cun grande éxito.

A segunda fase do Plan, agora en marcha, permitiralles aos concellos obter plans de residuos personalizados, ademais de formación para o persoal e axudas (de 1,25 millóns de euros) para a compra de composteiros comunitarios e individuais.