Mujeres imparables

Mulleres Imparables

Tras o éxito acadado tanto na edición que se levou a cabo en Xerez coma en Sevilla chega a Pontevedra o III Encontro #MulleresImparables, un evento novidoso que nace co obxectivo de visibilizar o liderado da muller profesional, promovendo a igualdade e a interacción entre mulleres emprendedoras de toda España.

Os #EncontrosImparables arrancan como iniciativa de catro mulleres empresarias andaluzas que crearon unha rede profesional (#MujeresImparables), primeiro a través da rede social Twitter e posteriormente en LinkedIn, á que en pouco tempo se sumaron máis de 110 empresarias máis. Crear sinerxías, coñecer e visibilizar experiencias reais, poñer en valor o papel da muller emprendedora, xerar vínculos entre as traballadoras dos distintos eidos profesionais e realizar actividades de networking entre as asistentes ao encontro foron os obxectivos iniciais do evento, que se cumpriron con éxito.

A Deputación de Pontevedra propón este III Encontro Profesional de Mulleres Imparables na provincia, que traerá á cidade de Pontevedra as promotoras do proxecto, mulleres emprendedoras de relevancia nacional, e tamén visibilizará a mulleres galegas con iniciativas profesionais interesantes e innovadoras. Todo isto nun formato fresco, que combina conferencias curtas, dinámicas de traballo e un xantar networking para fomentar a interacción entre as persoas asistentes.

Cando? O sábado 22 de outubro de 2016

Onde? No Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Quen? Mulleres emprendoras de todo o país... Contamos contigo! 

Asistencia á xornada: 25 € (inclúe o xantar e os cafés)

Prazas limitadas

O pagamento será posterior á preinscrición na xornada, tras recibir a confirmación de praza dispoñible mediante correo electrónico, no que se indicará tamén o número de conta para facer o ingreso de formalización de matrícula.