Matrícula

Do luns 22 de maio ao venres 2 de xuño (ambos os dous incluídos) estará aberto o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2017-2018.

Neste período presentarán a documentación solicitada o alumnado matriculado no curso 2016-2017, as irmás e irmáns do alumnado matriculado na escola no curso 2016-2017 e que renove praza no curso 2017-2018, e as fillas e fillos das traballadoras da escola infantil. Os impresos enviaránselles ás familias a través da axenda escolar.

Entre o luns 5 e o venres 30 de xuño, en función do número de prazas vacantes, poderán realizar a reserva de praza as familias de novo ingreso.

A continuación procederase ao baremo de solicitudes. A partir do luns 3 de xullo poderase consultar a lista provisional de persoas admitidas e non admitidas na cristaleira da escola; a lista definitiva estará dispoñible a partir do venres 7 de xullo no mesmo lugar.

O alumnado admitido poderá matricularse desde o luns 10 ata o mércores 26 de xullo. Os impresos de matrícula recolleranse na escola.

O horario de atención ás persoas solicitantes será de luns a venres, de 10:00 a 11:30 horas.