Noticias
Ponte Caldelas en Portugalete

Os coribantes, embaixadores culturales de Ponte Caldelas

O grupo de gaitas Os Coribantes, de Buchabade (Ponte Caldelas), foi recibido no Concello de Portugalete con motivo da súa participación no Festival de Danzas desta localidade vasca. Os músicos caldeláns foron seleccionados polo grupo local Errepelega, que está a celebrar o seu 50º aniversario


09 xullo 2017

O grupo de gaitas Os Coribantes, de Buchabade (Ponte Caldelas), foi recibido no Concello de Portugalete con motivo da súa participación no Festival de Danzas desta localidade vasca. Os músicos caldeláns foron seleccionados polo grupo local Errepelega, que está a celebrar o seu 50º aniversario.

Un total de 70 integrantes do grupo partiu o pasado xoves dende Ponte Caldelas nun autobús de 55 prazas, a furgoneta cedida polo Concello, outra de aluguer e varios vehículos particulares. Á despedida acudiu o alcalde, Andrés Díaz, en nome de todo o Goberno local, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG.

Os Coribantes participaron o sábado no Festival onde interpretaron os últimos temas do seu repertorio, nos que mesturan temas galegos con aires folk, cun concepto musical propio que xa se coñece como o "estilo Coribante".

A volta está prevista para esta noite, despois de aproveitar a viaxe para visitar Vitoria, Bilbao e a ermida de San Xoán de Gaztelugatxe.

Fotos


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización