Noticias
Homenaxe a Pereira

O Concello colabora coa homenaxe a Pereira, o fundador da taberna Eicho de dar Queridiña

Os actos desenvólvense mañá sábado no local de A Insua e chegan logo ao centro urbano cunha comida popular e un festival de música galega


02 xuño 2017

Ponte Caldelas celebra mañá sábado unha homenaxe popular a Pereira, o fundador da coñecida taberna Eicho de dar Queridiña, situada na parroquia de A Insua. Unha xuntanza no propio local, que logo continuará polos bares de Ponte Caldelas abrirá a xornada. A continuación celebrarase unha comida popular ao aire libre nas inmediacións da Praza de Abastos e, como remate, un Festival Musical na Alameda.

O Concello de Ponte Caldelas súmase ao evento colaborando no evento musical coa achega do escenario e os gastos de son, así como o outorgamento dos permisos necesarios para a comida popular. O tenente de alcalde Lito Muíños, en nome de todo o Goberno local (formado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG) entregaralle ao homenaxeado un obsequio institucional.

A coñecida taberna, fundada a principios dos anos 90, converteuse nunha referencia para a música e a cultura galega, pois por alí pasaron boa parte dos artistas da época. Ao mesmo tempo, Pereira converteuse nun persoeiro que tamén tivo vinculación á política municipal, pois chegou a integrar a candidatura do BNG.

Ao festival musical de mañá sábado sumáronse Pelica de Can, Sobre Rodas, Os Xeitosos da Insua, Choran as Pedras, Solfamí, Contracocheno, Tanxedoras, Barrosantes, Malvares de Moscoso, Amoras Maduras, Calcetín Furado e Mercé Alegría. Todo baixo a coordinación do grupo Nós tamén Imos, habitual nas celebracións festivas  de Ponte Caldelas. Serán tamén os encargados de preparar a interpretación conxunta da peza tradicional Eicho de dar Queridiña, que deu nome á taberna. O presentador do evento será Luis "O Caruncho".


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización