Noticias
Ponte Caldelas - Obras de Xustans

O Concello amplía o camiño de Chan do Casal, en Xustáns, e canaliza as augas pluviais


16 xuño 2017

As máquinas traballan no camiño de Chan do Casal, no corazón da parroquia de Xustáns. Dende hai varias semanas estase ampliando esta pista municipal, facilitando así a circulación nunha contorna cunha forte presión de poboación e moi transitada, pois conecta a parte baixa da parroquia coa estrada xeral.

As obras, que rematarán en poucos días, inclúen a construción de muros de contención no tramo inferior e a colocación dunha tubaxe, ao longo duns 150 metros para recoller todas as augas pluviais. Evitarase así que baixen sen control, rebordando contra propiedades privadas e afectado negativamente á veciñanza.

O camiño quedará cun ancho máis acaído, pois agora era imposible que se cruzaran dous vehículos en ningunha parte do seu trazado. Nas zonas onde foi posible, ao non estar aínda construídas as parcelas, estase a efectuar unha ampliación que vai supor unha mellora moi apreciada.

O Goberno local tripartito, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, está a realizar numerosas obras de mellora de camiños e de recollida de augas pluviais ao longo de todo municipio.

O alcalde, Andrés Díaz, visitou as obras esta semana e comprobou que afrontan xa a recta final, unha vez  consolidados os novos muros e instalada a tubaxe de pluviais. Unha vez pechada a gabia realizarase o asfaltado final, co que quedará completamente acondicionada a zona.


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización