Noticias
Tourón

O colexio Xunqueira 2 (Pontevedra) e o instituto Hijas de Cristo Rey (Carballo), nos petróglifos de Tourón

Ao longo do ano máis dunha vintena de centros escolares visitaron xa a Área Arqueolóxica de Ponte Caldelas


02 xuño 2017

A Área Arqueolóxica de Tourón, recibiu esta semana dúas novas visitas de centros escolares. Ao longo da semana pasaron grupos de 54 e 67 alumnos procedentes do colexio Xunqueira 2 (Pontevedra) e do instituto de Ensino Secundario Hijas de Cristo Rey (O Carballo-A Coruña).

As visitas realizáronse nunhas condicións meteorolóxicas espléndidas que permitiron contemplar todos os petróglifos dun dos espazos arqueolóxicos máis valiosos de Galicia, sede dalgunhas das mellores insculturas pétreas conservadas, así como ao Centro de Interpretación.

Os alumnos pontevedreseses, de 2º curso de Primaria, chegaron acompañados de catro profesores. Pola súa banda, a  expedición do centro de Carballo estivo composta por 67 estudantes e varios profesores

No que vai de ano máis de 20 colexios e institutos pasaron xa por Tourón no marco dunha campaña de divulgación do Concello, que ofrece visitas gratuítas a todos aos centros de toda Galicia. Entre os visitantes houbo tamén algúns colexios de fóra da comunidade, como un catalán e outro valencián. Así como unha visita de veciños do concello coruñés de Cerceda.

A Área Arqueolóxica está a ser obxecto de varias melloras. Así, nos últimos meses estreáronse novos paneis de sinalización que permiten contemplar as súas cinco estacións de petróglifos cunha reprodución exacta do seu deseño e achegando todos os datos necesarios para a súa correcta comprensión. Están colocados ao pé das estacións do Outeiro de A Forcadela, o Coto das Sombriñas, a Laxe das Cruces, o couto da Siribela e o Nabal de Martiño. Ademais limpáronse os sendeiros que comunican os diferentes puntos e fixéronse reparacións no edificio do Centro de Interpretación. Ao mesmo tempo completouse a reparación de todo o valado exterior, que nunca fóra obxecto dun mantemento dende a inauguración deste  espazo. A próxima actuación vai ser unha limpeza especializada de toxo e vexetación invasora nas 15 Hectáreas de superficie.

Por outra banda, o Concello de Ponte Caldelas sumouse á campaña emprendida por investigadores galegos que reclama da Xunta de Galicia que solicite diante da Unesco a declaración dos petróglifos de Galicia como Patrimonio da Humanidade. 


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización