Noticias
Raúl en Ponte Caldelas

O cantante Raúl participa na estrea dunha casa de aloxamento turístico en Ponte Caldelas

O cantante vitoriano Raúl, que se atopa en Galicia promocionando o seu último single, visitou Ponte Caldelas para inaugurar unha casa de aloxamento turístico situada no lugar de Caldelas.


09 xullo 2017

Raúl chegou invitado polo responsable deste espazo hostaleiro, Carlos Couselo, a quen coñece dende a etapa na que o novo emprendedor caldelán residiu en Vitoria. Na visita de inauguración participou tamén o alcalde, Andrés Díaz, quen felicitou ao responsable desta nova iniciativa, que axuda a incrementar a planta hostaleira da localidade.

Díaz destacou que no último ano inauguráronse dous establecementos que ofrecen pernoctas, pois a casa de Caldelas súmase ao Jamarte, situado no lugar de Verdugo. Un feito que, destacou, ten bastante que ver coa política de dinamización social con organización de eventos que está a levar a cabo o Goberno local tripartito formado por socialistas, AVP e o BNG.

A casa de aloxamento ocasional, en Caldelas 118B, é unha construción en pedra do país, restaurada case ao completo,e que ofrece posibilidade de pernocta en dúas camas dobres e dúas liteiras. Todo elo nun espazo amueblado e dotado de todos os servizos con magníficas vistas ao centro urbano de Ponte Caldelas e o río Verdugo.


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización