Noticias
Premiados do colexio Cordo Boullosa

O alumnado do colexio Cordo Boullosa recibe os premios polo concurso de Redacción da Festa da Troita

O alcalde valorou a calidade dos traballos, que este ano culminaron cun fermoso conto e coa recreación histórica dun singular diario


23 maio 2017

Os premios ao concurso de Redacción da Festa da Troita quedaron hoxe definitivamente entregados co acto celebrado esta mañá no colexio Manuel Cordo Boullosa. Máis de medio cento de rapaces  recibiron o diploma acreditativo.

O neno gañador, Antón Américo Xil, leu o seu relato, redactado co estilo dun conto baixo o título  "O soño de Azuliña". No texto dáse conta das aventuras dunha troita do río Verdugo. No outro colexio do municipio, o da Reigosa, o gañador foi Jorge Solla, quen fixo un elaborado "Diario da primeira Festa da Troita", recreando así un suposto diario persoal do alcalde  Luciano Martínez, impulsor desta celebración, no ano 1967.

O ambiente no Cordo Boullosa hoxe era moi festivo e os alumnos gozaron dun festival que rematou coa emprega dos diplomas, baixo a dirección do concelleiro Manuel Barreiro, na súa condición de director do centro.

O alcalde, Andrés Díaz, foi o encargado das entregas dos diplomas aos participantes en nome do Goberno local tripartito. Os dous nenos merecentes dos dous primeiros premios acadaron unha tableta  electrónica, diploma e trofeo acreditativo.


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización