En ruta coa Depo

En ruta coa Depo

En ruta coa Depo

O programa "En ruta coa Depo" 2017 está dirixido ás entidades sociais da provincia de Pontevedra.

Este programa ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, impulsando a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional, ofrecéndolle alternativas de lecer e tempo libre á poboación xuvenil da nosa provincia e promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente nenas e nenos.

Na pasada edición do programa a contía consignada para o seu financiamento ascendía a 238.500 € e este ano aumentouse ata 260.000 €. O programa dispón dun total de 20.000 prazas fronte ás 18.346 ofertadas na pasada edición e, como novidade, ofrécense 400 prazas que serán gratuítas para aquelas persoas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

Ofértanse un total de 32 rutas por lugares emblemáticos da nosa provincia que figuran no catálogo.

O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de marzo ao 3 de abril de 2017.