Día Mundial do Medio Ambiente

Día Mundial do Medio Ambiente

Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente a Deputación de Pontevedra pretende que coñezas de primeira man como é o compost que se produce a partir do lixo orgánico das veciñas e veciños dos concellos da provincia nos que hai instalados centros de compostaxe comunitaria.

Para iso este sábado día 10, de 11:00 a 13:00 h, instalaranse na praza da Ferrería uns paneis nos que se explica como funciona a compostaxe; ademais, as mestras e mestres composteiros da Deputación repartirán 4.000 bolsas de compost.

Poderás levar unha mostra de compost para a casa e comprobar o seu bo funcionamento como fertilizante coas túas plantas. O Concello de Pontevedra colaborará coa iniciativa e entregará tamén 4.000 plantas de temporada (begonias, alegrías, xeranios...).

Lembra! A repartición dos lotes de compost e plantas, totalmente de balde, será en: 

Praza da Ferrería, de 11:00 a 13:00 h, o vindeiro sábado día 10 de xuño de 2017

Non faltes e… apúntate á compostaxe!