Día de Rosalía

Día de Rosalía na Deputación de Pontevedra

O 24 de febreiro quedou establecido como o Día de Rosalía na Deputación de Pontevedra. Así se acordou, por unanimidade, no Pleno provincial desenvolvido en coincidencia co 180 aniversario do nacemento da escritora, considerada a máis representativa da lingua e literatura galegas.

Con esta declaración a institución provincial busca un recoñecemento á muller máis universal de Galicia, que, ademais de escribir en lingua galega, foi unha adiantada á súa época polas súas reivindicacións. Ao mesmo tempo, o Día de Rosalía está ligado a accións que favorecen o coñecemento da vida e obra da autora de Padrón.

Con motivo desta efeméride os actos provinciais de conmemoración completáronse cunha lectura de textos e coa entrega de libros e camelias do cultivar ‘Rosalía de Castro' no Pazo provincial.

  • 24/02/2017  "Lieders" por Carmela Silva

  • 24/02/2017  "A xustiza pola man" por Eva Vilaverde

  • 24/02/2017  "Has cantar!" por David Regades

24-02-2017 Lectura institucional de Rosalía de Castro