agenda

Desde 07 xul 2017 ata 20 xul 2017
Pazo Provincial. Pontevedra
Mostra fotográfica que, por sexto ano consecutivo, pon en marcha a confederación ASPACE. Este ano está composta por 21 fotografías, en branco e negro, que foron finalistas ou gañadoras do VI Concurso de Fotografía ASPACE e por imaxes cedidas polo obradoiro de fotografía Di Patata, da Asociación Valenciana de Axuda á Parálise Cerebral. A través da exposición preténdese difundir e visibilizar a realidade das persoas con parálise cerebral, así como resaltar o feito de que, máis alá da súa diversidade funcional, a súa vida é idéntica á de calquera outra persoa. Así mesmo, búscase potenciar a imaxe das persoas con parálise cerebral como cidadás e cidadáns de pleno dereito e resaltar as capacidades do colectivo. Sobre a asociación, mencionar que ASPACE-Galicia naceu en Sanxenxo, Pontevedra, en 1999.
Información