agenda
Exposición Internacional Asociación de Pintores coa Boca e co Pé

Exposición Internacional Asociación de Pintores coa Boca e co Pé

Desde 07 xul 2017 ata 23 xul 2017
Palacete das Mendoza, praza de Santa María, s/n. Pontevedra
09:00 h
A partir do 7 de xullo pódese asistir en Pontevedra á exposición realizada pola Asociación de Pintores coa Boca e co Pé. Creada en 1957 polo pintor Erich Stegmann e secundada por outros creadores de ata oito países europeos, a asociación chegou a crear todo un movemento artístico mundial que actualmente inclúe 74 países con aproximadamente 800 autores. Esta mostra está composta por 32 obras e nela poderase gozar de pezas de Cristóbal M. Toledo e Manuel Parreño Rivera. Este último foi o primeiro español en formar parte da asociación no ano 1957.
Información
  • Sábados, domingos e festivos, de 10:00 a 14:30 h e de 16:30 a 20:00 h
    De luns a venres, de 9:00 a 21:00 h
  • Más información