agenda
Exposición “Rexas mulleres baixo o terror franquista”

Exposición “Rexas mulleres baixo o terror franquista”

Desde 12 xul 2017 ata 30 xul 2017
Vestíbulo do Concello. Silleda
11:00 h
Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.
Información
  • Inauguración: mércores 12 de xullo, ás 11.00 h
  • Horario de visita: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h