agenda
Visitas Cruzadas no Museo de Pontevedra

Visitas cruzadas no Museo de Pontevedra

Desde 07 mai 2017 ata 28 mai 2017
Museo de Pontevedra. Pontevedra
12:00 h
Visitas Cruzadas é o título da iniciativa que o Museo porá en marcha durante os catro domingos do mes de maio para dar a coñecer os seus fondos da man de oito persoeiros de relevancia no panorama cultural galego. Cada un dos persoeiros actuará de “guía ocasional”, para o que seleccionará un percorrido de 30 minutos de duración, escollendo libremente as pezas da colección do Museo que estime oportunas, e contando co asesoramento do equipo do gabinete didáctico. A través de cada percorrido, as e os guías irán explicando as súas visións persoais das obras e os motivos das súas escollas.
Información
  • Máis información e inscricións
  • Calendario e guías: 7 de maio: Uxía Senlle (cantante) e Isabel Risco (actriz), 14 de maio: Jorge Coira (director de cinema) e Manuel Gago (xornalista e blogger), 21 de maio: María Lado (actriz e poeta) e Kiko Novoa (xornalista), 28 de maio: Iria Collazo (escritora) e Quico Cadaval (actor e dramaturgo)