#Deporte

DEPOcomparte

Préstamo de material para eventos deportivos

“DEPOcomparte” é un programa destinado a concellos e clubs deportivos para o préstamo de material para eventos deportivos totalmente gratuíto. Nace coa filosofía de compartir todos os servizos da Deputación coa cidadanía


En concreto, a institución provincial porá á súa disposición o seguinte material para actos deportivos:

arco de meta doble corpo
Arco de meta
Cono de sinalización
BANDEIROLAS VELA VERDES)
BANDEIROLAS VELA BRANCAS
BANDEIROLAS GOTA
Bicicleta adaptada
CARPA
BARREIRAS MÓBILES
BARREIRAS MÓBILES
Condicións para o préstamo

A Deputación de Pontevedra facilitará o material deportivo incluído no programa “DEPOcomparte” en condicións idóneas para o seu uso e, no momento da súa retirada, asesoraráselles aos solicitantes para utilizalo.

O servizo de préstamo “DEPOcomparte” é de carácter gratuíto; non obstante, os solicitantes faranse cargo dos gastos derivados do transporte e do persoal necesario para a recollida, a instalación, a retirada e o retorno do material.

Non se aceptarán as solicitudes realizadas con máis de dous meses de antelación respecto á data de desenvolvemento da actividade.

As entidades locais ou os clubs deportivos beneficiarios asumen os seguintes compromisos:

  • Devolver o material prestado no mesmo estado no que se lles entregou, sempre dentro do prazo previsto no momento da reserva.
  • Asumir, en todo caso, os gastos de reparación cando se produza unha deterioración grave deste.
  • Responsabilizarse da instalación do material e dos danos sobre terceiras persoas que esta poida ocasionar.

O material solicitarase a través da web da Deputación cubrindo o formulario de solicitude. Esta será recibida polo persoal encargado da xestión dos materiais para eventos deportivos, que responderá, se é o caso, afirmativamente e indicará a data e o horario para recoller o material e para devolvelo.

Non recoller e/ou non entregar o material na data e na hora establecidas pola Deputación de Pontevedra unha vez concedido o préstamo implicará a aplicación de penalizacións en futuras reservas.