Depo rúArte

DepoRúARTE 2017

O programa DepoRúarte da Deputación de Pontevedra, dirixido a mozas e mozos maiores de 12 anos, ten como obxectivo que estes aprendan e desenvolver a súa creatividade nalgunhas das principais expresións da cultura urbana. A través das iniciativas MusicArte, UrbanArte e CreArte as e os participantes coñecerán disciplinas coma breakdance, turntablism Dj, beatbox, graffiti e personalización de gorras.

Ademais, o programa terá nesta nova edición, a segunda desde a súa posta en marcha, un compoñente inclusivo para que as mozas e mozos e as monitoras e monitores con diversidade funcional poidan participar nas actividades de DepoRúarte.

Os obradoiros desenvolveranse nunha xornada en cada concello. Comezarán en Nigrán o 27 de maio, de 17:00 a 20:00 h, coas actividades de música, baile e pintura urbana. Posteriormente, co mesmo horario, DepoRúarte recalará en Marín, o 24 de xuño; Caldas de Reis, o 1 de xullo; Vilagarcía de Arousa, o 15 de xullo; Silleda, o 16 de setembro; Poio, o 30 de setembro; e O Porriño, o 7 de outubro. As seguintes paradas serán A Estrada, Mondariz e Tui.

Catálogo 2017 (pdf)

Vídeos

I Certame Xuvenil Depo RúARTE 2016

   


21-10-2016 Certame Xuvenil DepoRúarte