Depo Informa

Depo Informa

A creación dunha base de datos de clubs deportivos ten por obxecto fomentar o tecido asociativo da provincia a través da transmisión, en tempo real, de información relativa a axudas e subvencións.

Enmarcada no Plan Estratéxico de Deportes, que se acaba de aprobar, esta base de datos busca, ademais, facilitar as relacións administrativas entre os clubs e a Deputación de Pontevedra.

Para que un club se incorpore a esta só é necesario que introduza os seus datos, indicando un teléfono de contacto e un correo electrónico, a través do seguinte enlace.

Máis información: 986804100