Depo en Marcha

Depo en marcha

O programa "Depo en marcha" está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que desenvolven diferentes actuacións e traballos no eido das persoas maiores.

Este programa ten por finalidade favorecer o envellecemento activo a través de distintos obradoiros, optimizando as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, establecendo relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia para evitar o illamento e as situacións de soidade.

Cada obradoiro terá unha duración de 30 horas. Para a súa realización, antes do inicio, cada entidade acreditará que o 70 % do alumnado ten 50 anos ou máis.

Para poder realizar o obradoiro deberá contar cun mínimo de 15 persoas participantes.

En función da acción formativa as persoas participantes deberán achegar o material recollido no catálogo como "Materiais que levará o alumnado". Cada obradoiro terá un custo de 6 euros por persoa.

O prazo de presentación de solicitudes é do 2 ao 21 de marzo de 2017