Depo Campus

No Plan estratéxico do deporte estableceuse a necesidade de dotar ao tecido asociativo de medios loxísticos e organizativos para o desenvolvemento dos seus eventos deportivos, e para elo, a Deputación de Pontevedra  crea o programa "Depo Campus".

Así, a partir de agora, os clubs disporán deste espazo na web institucional para anunciar e facer publicidade de todos os campus deportivos que se poñan en marcha este verán, facilitando así, ademais, o acceso á información completa de toda a actividade provincial aos posibles participantes.

Se o teu club deportivo vai organizar un campus e queres participar nesta iniciativa, tes que enviar a contidosweb@depo.es unha descrición do mesmo (cun máximo de 15 liñas), a imaxe coa que queres promocionalo e a ligazón á páxina web do club.

Se o que pretendes é participar este ano nun campus podes consultar aquí a oferta deportiva.

Depo Campus