Deportes-Depo Andainas

Depo Andainas 2017

A Deputación de Pontevedra, a través do programa Depo Andainas, promove unha serie de rutas, destinadas á poboación en xeral, que discorren polos puntos máis emblemáticos da provincia.

Depo Andainas ten por finalidade o impulso do turismo deportivo e a posta en valor da riqueza cultural, medioambiental e etnográfica dos diversos espazos que atravesan estes itinerarios: Soutomaior, Vilaboa, as illas Cíes, Tui, O Porriño, A Illa de Arousa e Cambados.

Para maior comodidade das persoas participantes, cada una das rutas contará cun punto de encontro e finalización único. Cun máximo de 300 persoas por evento, Depo Andainas disporá dun autobús por cada ruta e contará, ademais, con persoal especializado.

Este proxecto desenvolverase entre xuño e outubro, agás no mes de agosto. Cada una das andainas completarase cun programa de charlas relacionadas coas características propias da andaina, impartidas por guías de turismo e persoal educador ambiental. Ao remate de cada una delas desenvolverase unha actividade lúdico-deportiva.

O prazo de inscrición abrirase 15 días antes da data de realización de cada andaina. O mércores inmediatamente anterior ao día da ruta pecharase o prazo de inscrición. O xoves as persoas participantes recibirán unha chamada de confirmación. 

RUTA DATA APERTURA DE INSCRICIÓNS PECHE DE INSCRICIÓNS
A Illa de Arousa. O Carreirón 18 de xuño de 2017 5 de xuño de 2017  14 de xuño de 2017
Cambados. Sendeiro Natural da Pastora-Umia 9 de xullo de 2017 26 de xuño de 2017  5 de xullo de 2017
Vilaboa+Cíes 10 de setembro de 2017 28 de agosto de 2017  6 de setembro de 2017
Tui. Camiño de Santiago Tui-O Porriño 24 de setembro de 2017 11 de setembro de 2017  20 de setembro de 2017
Ruta: Soutomaior. Soutomaior: Pedra e Auga 15 de outubro de 2017 2 de outubro de 2017  11 de outubro de 2017