Imaxe representativa do tema Benestar

Cursos de español para persoas inmigrantes para a preparación do DELE A2

O obxecto desta convocatoria é poñer en marcha catro edicións de Cursos de Español para Persoas Inmigrantes, ata un máximo de 60 prazas (15 por edición) para a preparación do DELE (Diploma de Español Lingua Estranxeira) A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.

O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e rematará o 16 de agosto de 2017

As persoas destinatarias serán persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que necesiten preparar o exame do DELE A2 para a obtención da nacionalidade española.

Daráselle prioridade ás que se atopen preparando as probas do exame de certificación de nivel A2 a través dunha entidade de iniciativa social rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no DOG de 20 de xaneiro de 2012).

Os cursos terán lugar nas seguintes localidades e datas:

1.ª edición. Pazo da Deputación

  • Datas: do 18 de setembro ao 6 de outubro
  • Horarios:
    • do 18 ao 29 de setembro, de 17:30 a 20:30 h
    • do 2 ao 6 de outubro, de 18:30 a 20:30 h

2.ª edición. Oficina da Deputación en Vigo

  • Datas: do 18 de setembro ao 6 de outubro
  • Horarios:
    • do 18 ao 29 de setembro, de 17:30 a 20:30 h
    • do 2 ao 6 de outubro, de 18:30 a 20:30 h

3.ª edición. Oficina da Deputación en Vigo

  • Datas: do 18 de setembro ao 6 de outubro
  • Horarios:
    • do 18 ao 29 de setembro, de 9:30 a 12:30 h
    • do 2 ao 6 de outubro, de 9:30 a 11:30 h

4ª edición. Oficina da Deputación en Vigo

  • Datas: do 27 de novembro ao 20 de decembro (sen clase o 6, 7 e 8 de decembro)
  • Horarios:
    • do 27 de novembro ao 13 de decembro, de 17:30 a 20:30 h
    • do 14 ao 20 de decembro, de 18:30 a 20:30 h

DOCUMENTACIÓN

- Formulario normalizado, debidamente cuberto, no que cando menos se reflictan os seguintes datos: nome completo, número de identificación de estranxeiro (NIE), enderezo, teléfono de contacto, correo electrónico, nacionalidade e edición elixida por orde de preferencia

- Copia compulsada da tarxeta de identidade de estranxeiro, tarxeta familiar de cidadá ou cidadán da Unión Europea ou certificado do Rexistro central de estranxeiría ou do Rexistro da cidadanía da Unión Europea

- Certificado ou volante de empadroamento

- De ser o caso, informe da entidade de iniciativa social no modelo normalizado e debidamente cuberto, que estará dispoñible en www.depo.es e nas oficinas de rexistro da Deputación en Pontevedra e en Vigo, asinado pola técnica ou técnico da entidade responsable do programa.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata o 16 de agosto de 2017