Copa Deputación de Pontevedra Feminina de Fútbol

Copa Deputación de Pontevedra Feminina de Fútbol

O torneo Copa Deputación de Pontevedra Feminina de Fútbol está en marcha. A competición comezou o día 21 e poxan polo título 21 equipos, que se medirán ao longo das próximas semanas en cinco eliminatorias. A gran final dispútase a finais de xuño en Cambados dentro dos actos de promoción da localidade como Cidade Europea do Viño 2017.

A Copa ten entre as súas principais metas visibilizar a participación das mulleres no mundo do fútbol e impulsar a creación de novos equipos femininos nos clubs da provincia para fomentar a práctica deste deporte entre nenas e nenos.

Nesta edición do torneo participan os seguintes equipos: Portonovo S. D., S. C. D. Salcedo,
Umia C. F., S. C. D. Ponte Caldelas, Atlético Arousana, Armenteira C. F., Arcadia E. F., Atlético Estrada E. D., Xuventude Cambados, S. D. Ponte Arnelas , Sárdoma C. F. F., F. P. R. El Olivo, Balaídos C. F., U. D. Mos, Atlético de Matamá , Racing de Vilariño , E. D. V. M. Pereiro C. F., C. P. Altertanavia , CCAR Valadares, TYDE C. F. e Tomiño F. C. Feminino .

Os horarios e resultados dos partidos poderán consultarse na web oficial da Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es). 

20-06-2017 Copa Deputación de Pontevedra Feminina de Fútbol