Conectadas

Conectadas 2017

O programa "Conectadas 2017" ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

A entidade solicitante deberá escoller unha acción formativa do catálogo ofertado. Neste detállanse os contidos de cada acción formativa, as condicións mínimas das aulas ou os materiais precisos para o desenvolvemento do curso, entre outros aspectos.

A duración da acción formativa será de 35 horas, e inclúe un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de cinco horas de duración.

O prazo de solicitude é do 8 de febreiro ao 9 de marzo de 2017 (inclusive)