Con A de Astrónomas

Con A de Astrónomas

A área de Igualdade do Concello de Vigo e mais a da Deputación de Pontevedra promoven a exposición "Con A de Astrónomas", unha mostra que propón una aventura pola ciencia da Astronomía así como pola vida de miles de mulleres que investigaron sobre este eido.

Galaxias, estrelas, planetas ou cometas son parte dos obxectos que poboan o Cosmos e tamén esta exposición, na que se lembra a mulleres coma Aglaonike, que xa  na Grecia clásica predicía eclipses da lúa, ou Caroline Herschel, quen,  no século XVIII, descubriu cometas e estudou as estrelas binarias pero tamén na actualidade contamos con moitas investigadoras que son punta de lanza na vangarda desta ciencia.

Nacida dunha iniciativa do grupo "Ella es una astrónoma" -formado por profesionais do campo da Astronomía, a Filosofía, a Historia e o ensino-, esta mostra está integrada por paneis físicos, elementos interactivos e material de atrezzo (réplicas de instrumentos antigos e estatuas), utilizado en  Ágora, película dirixida por  Amenábar na que se narra a vida de Hipatia de Alexandría.

Na propia preparación da mostra participaron nove astrónomas de distintos centros de investigación, entre elas Josefina F. Ling, da Universidade de Santiago de Compostela, e comisaria da exposición xunto á historiadora da ciencia Eulalia Pérez Sedeño.

O acto inaugural de "Con A de Astrónomas" terá lugar o día 22 de marzo na Casa das Artes de Vigo, onde quedarán instalados, ata o 14 de maio, os elementos interactivos da mostra, mentres que unha versión máis reducida en galego estará a disposición do público na entrada do Pazo provincial de Pontevedra entre os días 27 de marzo e 15 de abril.

Descargas

Con A de Astrónomas

0 - 0 de 0 albumes existentes

  • 03-04-2017 Inauguración da mostra con “A de Astrónomas” en Vigo
    03-04-2017 Inauguración da mostra con “A de Astrónomas” en Vigo
  • 27-03-2017 Inauguración da mostra con “A de Astrónomas” en Pontevedra
    27-03-2017 Inauguración da mostra con “A de Astrónomas” en Pontevedra