Aviso legal

PRIMEIRA

Os dereitos de propiedade intelectual da web "www.depo.es" correspóndenlle en exclusiva á Deputación de Pontevedra. A utilización por terceiros só poderá producirse previa autorización, citando a súa orixe e propiedade. Calquera utilización á marxe do exposto, incluíndo os fins comerciais ou de calquera outra maneira inadecuados, infrinxen os dereitos de propiedade intelectual. O acceso e utilización da web é responsabilidade única do usuario.

SEGUNDA

Neste portal utilízanse cookies para lle ofrecer un mellor servizo á cidadanía e consérvase unicamente a información relativa ós datos da sesión e o idioma.
A información é totalmente anónima e en ningún caso se asocia a un usuario concreto e identificado.
No caso de que vostede non desexe recibir cookies ten a posibilidade de configurar o seu navegador.

TERCEIRA

O tratamento dos datos de carácter persoal deste portal está suxeito ó establecido na Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal e demais normativa de aplicación, e estes trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán, que ten dereito a decidir quén pode dispoñer dos seus datos, para qué os usa, solicitar que estes sexan correctos e que se utilicen para o fin requirido, coas excepcións contempladas na lexislación vixente. O usuario poderá ademais exercer en todo momento o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición ós seus datos.

CUARTA

A información contida na web ten carácter orientativo e non vinculante, susceptible de modificacións en calquera momento e, en calquera caso, non prevalente nin preponderante sobre os trámites e os prazos contidos en calquera norma de procedemento ou de calquera outra natureza, das publicacións preceptivas ou facultativas que se deban levar a cabo no DOCE, BOE/BOE, DOG, BOP e outros nin do disposto no R. d. 208/96 no que se regulan os servizos de información administrativa.

QUINTA

As ligazóns ás "web" de terceiros ("links") non lle xeran responsabilidade ningunha á Deputación de Pontevedra.

SEXTA

A Deputación advirte que o envío de correo masivo ou non solicitado ("SPAM") dirixido ás contas de correo electrónico utilizadas na web dará lugar á esixencia da oportuna responsabilidade ó remitente.