2024

Programa +AQUA

Programa de axudas a comunidades de usuarios de augas da provincia de Pontevedra

Esta liña de acción pretende ser un instrumento para impulsar a cohesión territorial, a sostibilidade ambiental e a habitabilidade humana, desde un enfoque centrado, por primeira vez, nos obxectivos do reto demográfico.


Preténdese non só recuperar os programas de acción comunitaria, senón tamén impulsalos e fortalecelos coa renovación e modernización do seu enfoque, centrándoo nas persoas, de maneira que se aliñen cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, co Acordo de París sobre o cambio climático ou coa Nova Axenda Urbana. Para este fin defínense desde unha perspectiva de integración social, de modo que a acción institucional vai dirixida a comunidades veciñais e espazos usualmente máis afectados pola desigualdade territorial, como pequenas comunidades e áreas rurais. É dicir, ponse o acento na necesaria vertebración do territorio e a xeración de sinerxías positivas sobre todo nos ámbitos rurais, implicando directamente a propia veciñanza na construción do seu propio modelo de vida con parámetros de calidade, sostibilidade e equidade na prestación de servizos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.