Noticias
Roda de Vespa

Máis de 250 vespas, participantes na VII Volta en Vespa e Lambretta, concentraranse en Tui este domingo

A inscrición está aberta ata hoxe xoves


25 maio 2017

Este domingo, 28 de maio, a partir das 13.00 horas, chegará a Tui a "VIII Volta en Vespa e Lambretta", organizado por Vespamiñor Scooter Club, que concentrará no Paseo da Corredoira a máis de 250 motos.

Os participantes do evento, que sairán ás 11.00 horas, dende a praza de San Campio de Ramallosa, en Nigrán, chegarán a Tui e realizarán unha visita guiada pola zona monumental, continuando despois ata Gondomar, onde rematará o evento.

A organización, entre os inscritos, xa ten confirmados a máis de 70 vespistas do norte de Portugal, dos clubes de Braga, Barcelos, Guimaraes, Povoa de Varzim, Maia, Felgueiras, Vila do Conde e Gaia. Así mesmo, acudirán motoristas de toda Galicia, así como catro participantes de Almería e dous de Asturias.

Ata hoxe xoves, 25 de maio, pode realizarse a inscrición no teléfono 656.955.539 ou no correo vmscooterclub@gmail.com.

Fotos


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización