Noticias
Visita as obras do Plan Móvese

Coa construción dun paso sobreelevado na Ponderosa en Rebordáns comezaron as obras do Plan Móvese en Tui


13 xuño 2017

Coa construción dun paso de peóns sobreelevado na Ponderosa, en Rebordáns, onte luns, 12 de xuño, comezaron en Tui as obras do Plan Móvese da Deputación de Pontevedra. Suporán un investimento de 116.746,18€ por parte da administración provincial na construción de 9 pasos de peóns sobreelevados e 17 redutores físicos de velocidade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato,  supervisaron esta mañá o inicio dos traballos.  Na Ponderosa, ante o mal estado da beirarrúa, cun terreo mal compactado, foi preciso reformar un tramo máis amplo do inicialmente previsto. De forma paralela estase a sinalizar  as obras noutros puntos das estradas provinciais onde se van colocar os redutores físicos de velocidade xunto ao colexio de Rebordáns, a carón do centro cultural de Ribadelouro, no cruce de Malvas, ou antes de igrexa de Pexegueiro.

Estas obras está previsto que en quince días estean completadas, polo que de seguido comezarán as tarefas de pintado da sinalización horizontal  nas estradas provinciais ao seu paso por Tui con cargo á Deputación de Pontevedra.

Quedarán pendentes as actuacións – pasos sobreelevados e redutores de velocidade - na estrada provincial de Caldelas que se executarán xunto ao proxecto de humanización deste vial que suporá un investimento de 500 mil euros.


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización