Noticias
Ribadumia

O Concello de Ribadumia adquire unha retroescavadora minipala

O Concello de Ribadumia informa que no día de hoxe recibiu a retroescavadora minipala adquirida o abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e que supón unha inversión de preto de 30000,00 € para asegurar un servizo constante e mellorar así o mantemento do municipio ademais de axilizar a realización de pequenas obras.


13 xullo 2017

Esta inversión ven a ampliar o parque de maquinaria do Concello de Ribadumia, algo que é preciso para optimizar os traballos e os tempos.

A adquisición desta retroescavadora minipala, que ademais conta cun cucharón varredora, con sistema de rego, cepillos laterais e faldóns de goma, así como un kit de tubaria, distribuidor e soporte varredora, supón un avance importante no inmobilizado deste concello, posto que nos fai menos dependentes doutros organismos e mellorar a capacidade de resposta ante os veciños.

Estes materiais xunto a características máis técnicas como tamaño ou potencia, fan que sexa unha máquina versátil, con multitude de accións, que facilitará o traballo os empregados do concello e diminuirá custos de arrendamento de maquinaria ou demora de tempos excesivos.

Parte fundamental desta adquisición financiada co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e xustamente esa opción, a de poder ter o 100% de disposición dunha máquina versátil e funcional, que permita responder de forma áxil e rápida a calquera emerxencia ou calquera necesidade detectada dende o propio concello ou que os veciños nos fagan chegar.


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización