Noticias
Bombilla

Legalización dos subministros de electricidade do alumeado público do Concello de Ribadumia

Esta importante actuación faise precisa despois de que un estudo que analizou cadro por cadro, os 66 que están repartidos por diferentes puntos do municipio, mostrara a situación de ilegalidade na que se atopan 42 deses cadros, o que supón o 63 % da iluminación pública.


01 agosto 2017

O obxectivo nestes intres é legalizar todos os subminístroos e optimizar a instalación conectando circuítos a cadros existentes e noutros casos a novos.

Deste xeito:

  • 4 destes subminístroos xa se está a tramitar a legalización solicitando a Unión Fenosa o correspondente Cups para cada un.
  • 26 dos 42 subminístroos uniranse a cadros xa existentes, que contan cos correspondentes Cups.
  • 16 dos 42 subminístroos necesitan novos Cups de Unión Fenosa e o seu correspondente contrato.

Cabe destacar a importancia de todo este proceso, porque máis aló da obriga dos concellos de cumprir coa legalidade vixente en todos os ámbitos, hai que ter en conta que o alumeado público supón o 40% da partida orzamentaria anual destinada ó consumo de enerxía.

A inversión deste proxecto é de 66550 € con cargo ó Plan Concellos 2017, e deixará deste xeito regularizada a situación do alumeado público, evitando posibles prexuízos derivados da situación de ilegalidade na que se atopaba ata o de agora.


Outras novas

Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cangas, plan concellos 2017, espacios de juego, espacios de xogo, zonas de ocio
Plan Concellos 2017

20 agosto 2017, cambados, plan concellos 2017, humanización